Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán incorpora a Albert Ventura, que asina contrato por unha tempada

O Breogán incorpora a Albert Ventura, que asina contrato por unha tempada

O xogador catalán, de 192 centímetros e 31 anos, debutou no curso 2010-11 coa Penya, equipo en que militou ata a pasada tempada

Albert Ventura (@CBBreogan) Albert Ventura (@CBBreogan)
G24.gal 25/07/2023 17:09

O Río Breogán anunciou este martes a fichaxe do alero Albert Ventura, quen procede do Joventut de Badalona e asina un contrato por unha tempada.

O xogador catalán, de 192 centímetros e 31 anos, debutou no curso 2010-11 coa Penya, equipo no que militou ata a pasada tempada e do que foi capitán durante o últimos tres campionatos.

Ventura, terceiro xogador con máis partidos disputados co club verdinegro, será a quinta cota para os partidos da Basketball Champions League (BCL) e completase o persoal que dirixe o croata Veljko Mrsic.

O Breogán presenta á súa nova fichaxe como “un defensor destacado, versátil, bo tirador e xogador de equipo". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade