Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán amósalle a Paco Olmos toda a súa furia ofensiva

O Breogán amósalle a Paco Olmos toda a súa furia ofensiva

Vitoria por 105-96 ante o Burgos que volve meter os de Lugo na pelexa por entrar no play–off

G24.gal 03/04/2022 14:41

Na liga ACB, no día en que regresaba Paco Olmos a Lugo como técnico do Burgos, o Breogán sumou a súa décimo terceira vitoria e volve soñar coas eliminatorias polo título.

A afección breoganista recibiu a Olmos con moitos apupos e billetes de dólar coa súa faciana, mais os que foron os seus xogadores na primeira volta axiña pasaron polo banco visitante para darlle unha aperta de benvida ao seu extécnico.

Canto ao partido, enorme igualdade de principio a fin, case sempre co Breogán por diante no taboleiro de marcas, nun día en que o canadense Bell Heynes realizou unha das súas mellores actuacións: 22 puntos e 6 asistencias. Musa marcou 20 puntos, con canastras decisivas no treito final do encontro. A falta de oito xornadas, o Breo está a dous triunfos do Murcia, que ocupa a oitava praza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade