Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán non atopa o xeito de parar a Webb e Taylor e cae en Murcia

O Breogán non atopa o xeito de parar a Webb e Taylor e cae en Murcia

Perdeu na pista do UCAM por 91-72 nun partido igualado na primeira parte e que se rachou no segundo tempo

Entre os dous xogadores do equipo local anotaron 53 puntos

G24.gal 23/03/2022 22:31

O Breogán perdeu o terceiro partido consecutivo e ve como se afastan as opcións de xogar o play off polo título. Contra o UCAM Murcia xogou unha primeira metade igualada, pero na segunda o equipo de Sito Alonso rachou o partido (91-72). 

 

Bo inicio dos breoganistas, que chegaron a ter seis puntos no primeiro cuarto (9-15). No UCAM comezou a aparecer Taylor, un dos xogadores determinantes, e con once puntos equilibrou o partido (18-20). Outra boa saída de Breogán no segundo cuarto cun gran Mahalbasic permitiulle irse de sete (18-25), pero un parcial de 12-2 fixo que murcia collera o mando do partido. Ao descanso acadou a súa meirande diferenza do primeiro tempo (42-35). 

Oito puntos seguidos de Webb no terceiro cuarto racharon o partido (50-35). A diferenza chegou a ser de vinte puntos (69-49) máis o Breogán tivo unha gran reacción. Entre o final do terceiro e o inicio do último períodos fixo un 0-12 que lle permitiu soñar coa remontada. 

Remou ata poñerse a sete puntos (73-66) pero aí rematou a resistencia. Un 9-0 de UCAM sentenciou o partido que acabou gañando por 19 puntos (91-72). Taylor foise ata os 28 puntos e Webb anotou 25. No Breogán Musa (21) e Mahalbasic (17) estiveron nos seus números pero con pouca axuda do resto de compañeiros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade