Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán resiste ata o último cuarto pero perde diante de Baskonia

O Breogán resiste ata o último cuarto pero perde diante de Baskonia

Marchou ao descanso gañando por dez puntos. Baskonia remontou e sentenciou grazas ao seu acerto no treito decisivo.

G24.gal 20/03/2022 21:46

O Breogán perdeu na pista do Baskonia logo dun partido moi disputado no que estivo por diante no marcador en moitas fases do encontro (89-84). Cando menos os de Mrsic aguantaron o "basket average" logo de gañar o partido da primeira volta por seis puntos de diferenza. 

Gran primeiro cuarto do Breo que comezou mandando cun 6-16 que obrigou a Spahija a pedir un tempo morto. A vantaxe chegou a ser de doce puntos e volveu aos dez ao remate do período (14-24). 

Cun parcial de 9-0 o Baskonia metíase no partido (23-24) pero volveu a mellor versión breoganista grazas ao traballo en ataque de Musa e Kalinoski que devolveron ao descanso os dez de diferenza (32-42).

No terceiro cuarto aguantou o Breogán ata o minuto 26 no que Baskonia colleu a primeira vantaxe do partido (51-49). Volveu a reaccionar o cadro galego ao grande liderado por Kalinoski para entrar no último cuarto en vantaxe (59-63). 

A igualdade presidiu o tempo decisivo ata o empate a 74 a falta de catro minutos para o final. Nese intre aumentou o nivel de acerto de Baskonia (30 puntos no último cuarto), circunstancia que xa non puido contrarrestar o Breogán que acabou perdendo por cinco puntos (89-84). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade