Publicador de contidos
Publicador de contidos

O buque Patiño parte cara ao Mediterráneo para participar nunha misión da OTAN

O buque Patiño parte cara ao Mediterráneo para participar nunha misión da OTAN

Ata medidos de decembro dará apoio loxístico á forza internacional que realiza actividades de vixilancia marítima artellada como resposta á invasión rusa de Ucraína

G24.gal 27/09/2023 14:50

Pais, parellas, fillos e compañeiros, despedían esta mañá os tripulantes do Patiño, que marchou para integrarse no Grupo Naval permanente 2 da OTAN no Mediterráneo.

"A dotación ten a moral alta e con ganas de saír a esta misión", asegura o Francisco Díaz Rodríguez, comandante do Patiño.

O buque e os seus 190 tripulantes, servirá de apoio loxístico á forza internacional que realiza actividades de vixilancia marítima reforzada dentro da operación Noble Shield, artellada como resposta á invasión rusa de Ucraína.

"Os membros da dotación do Patiño son os nosos mellores embaixadores e creo eu que representan os mellores valores da nosa sociedade", di Jesús Viñas Barciela, comandante da 31ª Escuadrilla de Superficie. 

A función do buque de aprovisionamento en combate español é subministrar combustible, víveres e material á forza conxunta. Tamén acode á zona como apoio sanitario.

"O Patiño sae alistado e preparado con todas as súas capacidades para responder ás demandas e aos compromisos de España e da Armada cos seus aliados", afirma o comandante do Patiño.

A súa despregadura no Mediterráneo remata a mediados de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade