Cargando resultados...
O Burela asoballa no campionato de Europa
16 goles a favor e ningún en contra, gañaron a final 6-0 contra o Pescara
G24.gal
05/12/2021 14:45
No fútbol sala, o mellor equipo do mundo segue acrecentando a súa lenda.
O Pescados Rubén Burela proclamouse campión do campionato de Europa feminino, e fíxoo ademais no Pazo dos deportes de Lugo.
Alí non lle deu opción ao Pescara italiano, ao que derrotou por 6-0. Cillene abriu o camiño da malleira, que culminou a porteira Jozi Oliveira.
O Burela pecha a participación con tres goleadas, 16 goles a favor e ningún á contra. Era un torneo oficioso, pero confirma ás da Mariña como o mellor equipo do continente.