O Burela derrota o Poio e toma vantaxe na semifinal
O Burela derrota o Poio e toma vantaxe na semifinal
Comezou o play off polo título da Primeira Federación do fútbol sala feminino, co derbi galego entre o Poio e o Burela nunha das semifinais. A serie dispútase ao mellor de tres e, no primeiro partido, triunfo das da Mariña por 3 goles a 1 no pavillón da Seca.
Tardou en chegar o primeiro tanto. Quedaban tres minutos para o descanso e abriu o marcador para as visitantes Jenny, potente tiro desde o centro. E, pouco despois, no último minuto da primeira metade empatou Laura Uña, tras un gran control e aproveitando un inoportuno esvarón de Emilly. O segundo das de Burela , xa na segunda parte, leva a sinatura de Dany, moi atenta aproveitando un exceso de confianza de Sandra Buzón. Xa coas pontevedresas buscando a igualada co 5 para 4, o 1-3 definitivo marcouno Irene Samper, a pase de Peque. 1-3 o resultado en Poio, que lles devolve a vantaxe de pista ás da Mariña. Cun triunfo o sábado que vén en Vista Alegre, estarán na gran final polo seu terceiro título da temporada.