Cargando resultados...
O Burela Pescados Rubén leva o derbi logo de remontar diante do Viaxes Amarelle (2-3)
O Burela Pescados Rubén leva o derbi logo de remontar diante do Viaxes Amarelle (2-3)
Todos os goles do partido chegaron na segunda metade
G24.gal
10/12/2022 21:02
Na primeira división de fútbol sala feminino houbo derbi, un emocionante partido entre o Viaxes Amarelle e mailo Burela que se decidiu no último minuto.
Todos os goles chegaron no segundo tempo. Comezou gañando o Burela cun tanto de Emilly. Pero o equipo coruñés remontou cos goles de Cris Lourés e Carol Agulla. Este último foi espectacular. Un lanzamento desde 25 metros que superou a porteira do Burela. Irene Samper volveu colocar as táboas no marcador. E xa no último minuto, a 41 segundos do final, Cilene fixo o 2-3 e evitou que a sorpresa chegase ao pavillón Sagrada Familia da Coruña.