Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Burela resolve nos últimos minutos o derbi diante do Marín

O Burela resolve nos últimos minutos o derbi diante do Marín

O equilibrio mantívose ata os últimos oito minutos e o segundo gol do Burela acabou por decantar a balanza (1-5)

G24.gal 06/11/2022 11:27

O Burela Pescados Rubén mantén o pleno de triunfos na Liga de Fútbol Sala feminina despois de gañarlle por 1-5 ao Marín Futsal. Un resultado enganoso porque o partido chegou con empate aos últimos oito minutos. 

Ceci adiantou ao equipo pontevedrés e Peque empatou na primeira metade. O Burela presionou no segundo tempo pero non foi ata o minuto 32 cando acadou o segundo gol que marcaría o fin do partido. O tanto de Patricia obrigou a Marín a arriscar e as da Mariña aproveitaron a circunstancia para lograr tres goles máis. 

Emilly Marcondes fixo o terceiro e o quinto e Peque tamén completou o dobrete marcando o cuarto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade