O Burela salva unha situación límite e xogarase o campionato en Vista Alegre
O Burela salva unha situación límite e xogarase o campionato en Vista Alegre
O equipo galego conseguiu gañar na pista do Futsi por 2-4
O mércores (20:30 horas, G2) decidirase o campión da liga feminina de fútbol sala
Este equipo ten espírito gañador. O Burela estaba obrigado a gañar en Navalcarnero, ou deixaría o título da liga en terras madrileñas. Esta vez a superioridade das galegas na pista axiña quedou reflectida no marcador co gol de Emily no minuto 9. A pivote brasileira rematou á rede o centro de Dany. O Futsi só apeRtou no final do primeiro tempo e a seguridade de Caridad baixo paus impediu que lles fixeran dano.
Pero esa melloría das madrileñas continuou tras o descanso, que tomaron a iniciativa obrigadas pola necesidade de remontar. As xemelgas Laura e Irene Córdoba nesta acción obrigaron a Caridad outra vez a exhibir reflexos. Pero non puido evitar o gol de Becha. A arxentina empatou rematando o centro de Ari de saque de banda.
Coa eliminatoria no aire, tirou de calidade individual o Burela. A de Emily para facer a xogada e a de Patri Ortega para converter o rexeitamento no 1 a 2 no minuto 34. De aí ata case o final foi un partido de alta tensión das galegas. Acosadas por un Futsi que devecía por facerse campión na súa casa.
No ultimo minuto de xogo houbo 3 goles. Noelia Montoro interceptou este pase e enviou o balón á porta baleira para marcar distancias facendo o 1 a 3. O cuarto, foi unha xogada persoal de Irene Samper. Era xa o da certeza. O de saber que recuperaban as opcións de ser campioas. Con todo, o Futsi Navalcanero enviou unha advertencia de cara ao derradeiro partido, co definitivo 2 a 4 que marcou Ari. Así é que O Pescados Rubén Burela xogará na casa o encontro decisivo. O equipo campión da primeira división sairá do pavillón de Vista Alegre este mércores.