Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Burela vence o Futsi (5-3) e xogará a final da Supercopa

O Burela vence o Futsi (5-3) e xogará a final da Supercopa

G24.gal 28/01/2023 14:31

A un partido dun novo título. O Burela opta á súa quinta Supercopa logo de acabar coa perfección do do Futsi Navalcarnero. O rival gañou os 16 partidos de liga disputados ata o momento pero cando ten diante o laranxa as diferenzas desaparecen. De feito, o Burela foi superior.

Xa no primeiro tempo, no que Emilly Marcondes abriu a conta no primeiro minuto e Irene Córdoba igualou para as madrileñas. O mellor xogo das galegas trasladouse ao marcador no segundo tempo. Desequilibrou unha das mellores do mundo, Peque, que regresou dunha lesión  e fixo o 2 a un, que deu paso a unha vertixe goleadora do Burela, que se converteu nunha máquina perfecta co apoio de Vista Alegre.

Peque fixo o terceiro coa colaboración da meta Marta Balbuena. Dany o cuarto, definindo logo dunha acción de fe de Irene Samper e Emilly o quinto, cando o rival xa apostaba pola porteira xogadora.

Co 5 para a catro o Futsi foi capaz de marcar dous tantos, con Irene Córdoba e Ariane, este xa no último minuto. En ningún momento, incomodou o triunfo das da mariña que se citan este domingo para incrementar o seu luxoso palmarés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade