Publicador de contidos
Publicador de contidos

O cambio climático, e o conseguinte aumento das temperaturas, provoca mortes

O cambio climático, e o conseguinte aumento das temperaturas, provoca mortes

A xestión da auga é considerada básica polos expertos en bioeconomía

63 persoas morreron polo calor en Galicia nos primeiros sete meses de 2023
G24.gal 03/09/2023 13:58 Última actualización 03/09/2023 14:12

O proceso de transición climática e enerxética no que estamos metidos de cheo trae consigo un incremento das temperaturas de entre 1,5 graos e 3,5 graos. O cambio climático tamén provoca menos días de precipitacións e maior abundancia de fenómenos meteorolóxicos extremos. Esta situación supón un impacto global na produción de bens, na agricultura, na pesca, no turismo, e tamén na saúde humana. 

"E este mes de agosto todo parece indicar que tivemos en Galicia cen mortes máis das agardadas con respecto ao cambio climático, e non só acontecen estes impactos durante o verán senón tamén durante o inverto", sinalou no Bos Días a profesora María Loureiro, que foi unha das organizadoras do 24 Congreso Mundial de Bioeconomía.

A boa xestión da auga é básica para loitar contra o cambio climático

Os expertos que participaron en Santiago no Congreso Mundial de Bioeconomía consideran esencial a adopción de medidas de prevención rápidas para adaptarse ao novo escenario climático.

"E á súa vez se somos capaces de xestionar o que temos, e nese senso é fundamental xestionar a auga, xestionar ben os recursos hídricos dos que dispoñemos", engadiu a economista e profesora María Loureiro.

A maior parte dos falecidos pola calor en Galicia eran maiores de 85 anos e mulleres

Segundo os datos estatais do Instituto de Saúde Carlos Terceiro, o cambio climático e o incremento das temperaturas son responsables do 37 por cento das mortes rexistradas nos últimos trinta anos. Galicia, segundo a mesma fonte, suma xa 63 mortes por calor nos primeiros sete meses deste ano, a maior parte deles maiores de 85 anos e mulleres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade