Publicador de contidos
Publicador de contidos

O cambio de tempo permitiu reabrir as barracas e postos do San Froilán

O cambio de tempo permitiu reabrir as barracas e postos do San Froilán

Tiveran que pechar polos riscos derivados do temporal Kirk

Van abrir ata o domingo para compensar as perdas

Andrés Pavón/Jorge Pereira 09/10/2024 20:06 Última actualización 09/10/2024 20:17

A estampa que ofrecía o San Froilán pola mañá non invitaba ao optimismo. Con todos os postos pechados e o recinto feiral precintado. Pero coa tarde chegou o sol e os lugueses decidiron botarse á rúa. Se ben a festa non se ateigou, polo menos superáronse as malas expectativas do comezo do día. Os feirantes amosábanse aliviados:

"Agora xa se pode traballar perfectamente co cambio de tempo".

"Tivemos que pechar pero a cousa xa vai mellor agora".

"Hai que abrir o que se poida porque vivimos disto".

O paso de Kirk tamén deixou danos materiais na cidade de Lugo pero moito menores ca noutras zonas. As temperaturas baixaron ata os 11 graos. O que non baixou foi a gana de troula, e os feirantes tiveron que traballar arreo para teren todo listo para os visitantes e clientes.

"Onte pechamos, pero hoxe xa viñemos antes para ter todo preparado".

Aínda que o San Froilán remata o sábado, as barracas e postos van estar abertos ata o domingo para compensar as perdas polo mal tempo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade