O cambio de xogadores tampouco reactiva o Bergantiños
O cambio de xogadores tampouco reactiva o Bergantiños
Perdeu no campo do Avilés cun solitario gol marcado por Mayorga á saída dun córner
O Bergantiños mudou dun xeito radical a faciana nos últimos días do mercado de fichaxes, pero o equipo carece de capacidade de reacción. Perdeu no campo do Avilés (1-0) e continúa complicando a súa situación co descenso á Terceira Federación cada vez máis preto.
Malia os trocos, Durán só sacou a Cobo e a Josiño Filgueira no equipo titular, con Julen, Vesprini ou Sito Seoane agardando a oportunidade desde o banco. O partido, dominado polo equipo local, decidiuse cun gol de Mayorga no minuto 70 ao rematar, case sen querer, un córner.
Quinta derrota consecutiva para o Bergantiños. O Avilés, pola contra, suma a terceira vitoria seguida e mantense na pelexa polo ascenso.