Cargando resultados...
O Camiño Primitivo destaca pola súa dureza, pero os peregrinos valoran sobre todo a paisaxe
O Camiño Primitivo destaca pola súa dureza, pero os peregrinos valoran sobre todo a paisaxe
Comeza en Oviedo, é o máis antigo, e está recoñecido como Patrimonio da Humanidade
O itinerario transcorre entre continuas subidas e baixadas, e non acostuma estar masificado
G24.gal
20/10/2024 20:14
É a cuarta vez que estas curmáns fan o Camiño de Santiago. Desta volta elixiron o Primitivo, o máis antigo e tamén o máis duro e menos explotado.
Acabado de chegar ao albergue está Mario, un peregrino croata que coincide con Pía, de nacionalidade alemá, á hora de valorar a paisaxe.
Trátase dun camiño de montaña, de continuos altibaixos e menos masificado que outros, onde ademais son frecuentes as chuvias e o frío. Valórase atopar un descanso.
O Camiño Primitivo parte de Oviedo e está recoñecido como Patrimonio da Humanidade desde 2015.