Aumentan os peregrinos nos camiños diferentes do Francés
Aumentan os peregrinos nos camiños diferentes do Francés
A Vía da Prata, o Camiño de Inverno e o Portugués medran polo sur
Tamén se incrementan os camiños Norte e Primitivo
Albergues menos ateigados, tramos pouco concorridos e paisaxes, para moitos, aínda sen descubrir. Son algúns dos atractivos que ofrece a Vía da Prata, o menos transitado dos camiños a Santiago. Malia ser o de menos afluencia, no que vai de ano xa pasaron arredor de 1.500 peregrinos por esta ruta que transcorre no tramo galego principalmente por Ourense e Pontevedra.
Malia ser un camiño relativamente pouco coñecido fóra de España, a meirande parte dos peregrinos que atopamos estes días son estranxeiros. Países Baixos, Francia, Alemaña ou Arxentina son os lugares de orixe dos camiñantes que atravesan a Vía da Prata en lugares como Vilamarín ou Cea.
Aínda que medran as outras rutas, o camiño francés segue a concentrar case o 55 % de todos os peregrinos que chegan a Santiago.