Publicador de contidos

Publicador de contidos

25 anos do movemento asociativo en Galicia en favor das persoas con dano cerebral

25 anos do movemento asociativo en Galicia en favor das persoas con dano cerebral

Celébrase en Santiago a III xuntanza de persoas e familias con dano cerebral adquirido

Máis de 35.000 persoas en Galicia sofren esta lesión

En Galicia hai 5 asociacións que dan apoio a 2.300 familias

Momento do coloquio dentro da III Xuntanza de persoas e familias con dano cerebral
G24.gal 22/04/2025 15:17

O dano cerebral é unha lesión da que non estamos libres ninguén. 

 "A min deume un accidente cardiovascular, o que se chama unha morte súbita", conta Nacho Martín, que perdeu a memoria tras sufrir un accidente cerebrovascular.

Aparece de forma brusca e repentina e pon patas arriba a vida dos que sofren o dano, pero tamén das súas familias.

"É coma se un tsunami chegase á túa casa e tes que habituarte a unha situación nova, a uns cambios cos que non sabes como actuar ao primeiro nin que facer a adaptarte, a aceptalo", apunta Begoña del Río, que súa nai sufriu un ictus.

En Galicia hai máis de 35.000 persoas afectadas por un dano cerebral. Hoxe contan co apoio das asociacións que as propias familias foron creando da nada hai 25 anos.

 "Agora grazas a Deus, unha persoa que sae do hospital sabe que hai un sitio onde a van informar a van axudar, onde lle van explicar", comenta Carmen Fernández Quiroga. O seu home sufriu un ictus hai 25 anos.

 "Son elas as que están loitando e digo elas como familias e fundamentalmente quero poñer énfase nas coidadoras, nas nais, nas fillas, nas irmás", explica Luciano Fernández Pintor, presidente de Dano Cerebral Galicia.

 "A miña nai foi o meu apoio nese momento. Levoume a psicólogos, psiquiatras, logopedas, de todo, non me deixaba nin un momento, pasábao mal, ensinoume a facer de todo outra vez, a vestirme, a calzarme, a ducharme a falar...", narra Alexia Varela, quen foi vítima dun atropelo.

Unhas 200 persoas con dano cerebral e as súas familias xuntáronse este martes en Santiago para celebrar con coloquios e un xantar con baile os 25 anos da fundación das primeiras asociacións.

Quixeron poñer o foco no traballo altruísta das coidadoras e aproveitaron tamén para entregarlle un premio a Renfe Viaxeiros polo labor que fai cada día en todas as estacións de servizo de Galicia publicitando e dando visibilidade a todas as persoas que sofren dano cerebral.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos