Pablo Dapena, campión e subcampión do mundo, pecha a súa vida de triatleta
Pablo Dapena, campión e subcampión do mundo, pecha a súa vida de triatleta
Foi campión do mundo de longa distancia en 2018 e subcampión en 2019
Prioriza a súa vida familiar á deportiva
O triatleta galego Pablo Dapena, campión do mundo de longa distancia en 2018 e subcampión ao ano seguinte, retírase do deporte profesional.
Tras competir no Challenge Mallorca e o Eivissa Tríatlon, deixa o deporte para dedicarlle máis tempo á súa familia.
Para Dapena non foi unha decisión difícil
"A decisión non foi difícil. Levei un tempo para mastigalo. Foi máis difícil dicilo polas redes".
Pablo Dapena tamén se acordou de Javi Gómez Noya e do que fose o seu adestrador Carlos David
"Grazas tamén a Javi; grazas, Carlos, por darme a oportunidade de acompañalos ao longo do hemisferio e gozar da idade de ouro do tríatlon español"
Dapena seguirá vencellado o deporte en distintos proxectos.