O candidato opositor en Venezuela terá que declarar na Fiscalía o próximo luns
O candidato opositor en Venezuela terá que declarar na Fiscalía o próximo luns
O fiscal xeral acusa a Edmundo González Urrutia de conspiración e outros delitos
Case un mes despois das eleccións presidenciais de Venezuela, o Goberno de Nicolás Maduro e as autoridades xudiciais estreitan o cerco contra o candidato opositor, Edmundo González, que terá que declarar o próximo luns diante da fiscalía xeral, acusado de desacato, conspiración e outros delitos.
"El ten que facer aclaracións sobre a súa autoría, onde el se declara responsable da páxina", dixo o fiscal xeral venezolano
Edmundo Gonzalez Urrutia, en paradoiro descoñecido desde pouco despois das eleccións, reiterou a través das redes o seu rexeitamento da vitoria de Nicolás Maduro, proclamada esta semana polo Tribunal Superior de Xustiza, e pediulle ao mundo firmeza para defender a democracia venezolana.
"Mostren as actas, mesa por mesa, e dean paso a unha auditoría internacional imparcial, independente e confiable. Iso é o único que deben facer", sinalou González Urrutia.
A Unión Europea eleva a presión sobre Venezuela a pedimento de España. Os Vinte e sete denuncian que Caracas non presentou aínda as probas "necesarias" para avaliar os resultados electorais, conforme aos estándares internacionais. Advirten de que só recoñecerán os que sexan verificados de xeito independente.
O candidato opositor e a líder da Plataforma Unitaria Democrática agradecéronlle á vicepresidenta dos Estados Unidos, Kamala Harris, a súa defensa dos valores democráticos, expresada nunha carta na que a dirixente estadounidense pide transparencia e a publicación dos resultados das pasadas eleccións en Venezuela.