Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cangas pasa e o Cisne queda eliminado na Copa do Rei de balonmán

O Cangas pasa e o Cisne queda eliminado na Copa do Rei de balonmán

Os do Morrazo gañaron na pista do Unión Financiera Oviedo 

Nun duelo de equipos da Asobal, o Ángel Ximénez gañoulle ao Cisne en Pontevedra

G24.gal 08/11/2022 22:20

O Cangas Frigoríficos do Morrazo superou a segunda eliminatoria da Copa do Rei mentres o Cisne rematou o seu camiño copeiro despois de perder na casa diante do Ángel Ximénez. 

Era unha das eliminatorias estelares a que disputaban dous equipos da Asobal. Gañaron os de Puente Genil por un claro 24-32. A vantaxe foi para os andaluces durante todo o partido, pero co Cisne metido ata mediado o segundo tempo (17-19). Nese intre, o cadro visitante deu un tirón imposible de deter por un Cisne máis centrado na pelexa pola permanencia da Asobal. 

O Cangas viaxaba ata Oviedo para enfrontarse á Unión Financiera. Gañou por 30-33 despois de ir a remolque na primeira parte e de poñerse na segunda con vantaxes curtas que soubo administrar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar