Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cangas suma un punto de moito mérito na pista do Valladolid (34-34)

O Cangas suma un punto de moito mérito na pista do Valladolid (34-34)

Comezou a Asobal co equipo do Morrazo sumando un punto co que non contaba pouco antes do final

G24.gal 13/09/2024 21:48

O Cangas Frigoríficos do Morrazo sumou un punto na pista do Atlético Valladolid na estrea da Liga Asobal de balonmán. O equipo do Morrazo empatou 34-34 nun encontro no que foi case sempre por debaixo no marcador. 

O encontro comezou igualado (9-9), pero no treito final do primeiro tempo os locais conseguiron unha diferenza de cinco goles (17-12) que complicaba as cousas para a segunda metade. O Cangas tentou reaccionar pero o Valladolid conseguiu manter a vantaxe e aumentala ata os seis goles (30-24) con un cuarto de partido por diante. 

Nunca baixaron os brazos os de Nacho Moyano, mesmo cando estaban perdendo por 34-31 e só quedaban catro minutos. A defensa funcionou no tempo final e os goles de Santi López (dous decisivos para un total de sete) permitiron empataron o partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos