Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas supera a Logroño na prórroga e avanza na Copa

O Cangas supera a Logroño na prórroga e avanza na Copa

O partido acabou con empate a 29 e a eliminatoria tivo que decidirse nunha prórroga en que os do Morrazo demostraron o seu gran momento

G24.gal 15/12/2021 22:37

O Frigoríficos do Morrazo continúa imparable esta temporada. Quinto na liga e agora clasificado para a terceira eliminatoria da Copa, a última antes da fase final en que se meten os oito mellores equipos. 

Tocoulle un rival moi duro, o Logroño, co que se enfrontara na Asobal o domingo pasado e ao que xa lle gañara nun partido moi intenso. 

Na Copa repetiuse o guión, nun enfrontamento moi duro que se decidiu na prórroga. Ao final do primeiro tempo o resultado era de 14-15 a prol dos visitantes. Na segunda metade continuou a igualdade, tanta que os 60 minutos remataron con empate a 29. 

Decidiuse no tempo suplementario, en que o Frigoríficos do Morrazo pasou por riba dun rival minguado no aspecto físico. Fixo un parcial de 9-6 e continuou cos seus espectaculares rexistros desta temporada en que o equipo de Nacho Moyano se está a amosar como un dos máis fortes do balonmán español. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade