O Cangas tenta pechar case definitivamente a permanencia
Verémolo na G2 e en G24.gal, o domingo ás 19:00 horas
É un dos equipos coa media de idade máis baixa da liga. Vexamos exemplos: Brais González, 21 anos. Martín Gayo, 20. Galegos cun futuro enorme e un presente marabilloso no conxunto revelación da tempada.
Un Frigoríficos do Morrazo que chega á antepenúltima xornada da primeira volta con media permanencia conseguida.
Martín Gayo: "Non creo que ninguén se esperara ter 12 puntos a estas alturas".
Brais González: "Eu firmo os 14 puntos onde queirades".
Gañarlle a Sinfín Santander implica deixar o descenso a oito puntos.
Brais González: "Se non saímos ao 100, non imos puntuar fácil en ningún lado".
Martín Gayo: "Nos partidos na casa xogamos sempre cun máis".
O domingo no Gatañal o Frigoríficos busca un paso definitivo, e de xigante, cara á permanencia.