O cantante Robbie Williams actuará este próximo verán en Galicia
O concerto será o oito de xullo en Santiago de Compostela
O concerto do artista británico terá lugar o vindeiro día 8 de xullo no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela. Será a primeira vez que este cantante chegue á nosa comunidade, e faino con motivo da súa nova xira XXV.
A longa traxectoria de Robbie Williams como cantante en solitario deixou nas súas mans numerosos logros. Vendeu máis de 85 millóns de discos en todo o mundo e 14 dos seus álbums foron número un no Reino Unido. Tamén acadou o maior número de entradas vendidas por un artista nun só día.
Con esta nova xira o cantante celebra en directo os seus 25 anos de carreira en solitario, que deixou temas como 'Feel', 'Non Regrets', 'Angels', 'Let Me Entertaint You' ou 'Rock DJ'.