Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Carballiño convértese na vila máis terrorífica por este Samaín

O Carballiño convértese na vila máis terrorífica por este Samaín

O Casino da vila ourensá organiza un túnel do terror polo Samaín

G24.gal 29/10/2021 21:41

O Samaín máis terrorífico apoderouse xa do Carballiño. Montado por todo o alto pero aínda que o pareza, non é un túnel do terror: é o museo dos contos esquecidos que intenta recuperar relatos que a cativada xa non le.

As narracións saen do lixo e reviven aquí, pero non como réplicas exactas. Iso é algo que están a descubrir desde as 8 do serán os afortunados posuidores dunha das entradas que vendeu o casino, organizador do terrorífico museo.

Nos dez minutos de visita pode ocorrer de todo nesta noite previa ao Samaín, sexa nunhas pestilentes tripas ou nunha inocente mazá.

Pero sempre, como os bos contos de vello, haberá sopresas. Gañaralle o ben ao mal no terrorífico conto de Brancaneves? A porta e a resposta, ás dez da noite, cando peche o efémero Museo dos Contos Esquecidos, outro xeito de celebrar o Samaín.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar