O Celta B esperta moi tarde e perde en Balaídos
O Celta B esperta moi tarde e perde en Balaídos
Derrota por 1-2 diante dun Real Unión que aproveitou os erros defensivos celestes na primeira metade
Javi Gómez recurtou diferenzas no 87 e o porteiro Ruly estrelou un remate contra o traveseiro no 94
O Celta B, que viña de gañar po 0-7 no campo do San Sebastián de los Reyes, perdeu diante do Real Unión (0-2) nun Balaídos que non lle deu sorte ao equipo de Onésimo Sánchez.
O equipo vasco aproveitou os erros defensivos celestes para marcar na primeira metade. Cando só ían oito minutos Carlos Bravo rematou de cabeza liberado de marcaxe e na área pequena para anotar o primeiro gol do partido.
Lautaro tivo a gran oportunidade para empatar o partido pero desaproveitouna, algo que non fixo Capelete (m34) para poñer o 0-2 nun fallo de consideración do eixo central defensivo do Celta B.
Na segunda parte o equipo vigués tentouno pero non foi ata o últimos minutos cando xerou verdadeiro perigo. Javi Gómez recurtou diferenzas no 87' e no tempo engadido un espectacular remate do porteiro Ruly García estrelouse contra a escadra.