Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta B salva un punto na compensación

O Celta B salva un punto na compensación

Un gol de Holsgrove no 92 empata o tanto inicial do Estremadura

G24.gal 28/11/2021 15:15

O Celta B volvía ao muncipal de Barreiro co ánimo de esquecer a goleada ante o Racing de Ferrol da última xornada, pero axiña o partido se puxo costa arriba para os celestes. O Extremadura poñiase por diante no minuto 15 despois deste saque de esquina que rematou o central Elias Perez. O Celta B atopouse con outro  contratempo no  22, a lesión de Iker Losada, que deixou o seu posto para a entrada de Alfon. O 7 celeste foi quen tivo a ocasión máis clara para os locais a pouco de rematar o primeiro tempo. O Estremadura puido facer o segundo este remate que se foi por pouco.

O Celta B comezou mellor o segundo tempo, creando perigo coas xogadas por banda de Javi Gomez. O dominio dos de Onésimo era total, pero faltáballes acerto no remate. En apenas 13 minutos crearon tres boas oportunidades: no 20 este disparo de Holsgrove, no 26 outro remate do xogador escocés, no 32 este chute alto de Lautaro. Tras moito intentalo chegou o gol. Holsgrove tira desde fóra da area, toca nun xogador visitante e desvía o balón cara a portería: xusta recompensa para un Celta B que foi superior na segunda parte.

Ao final do partido o adestrador galego do Estremadura falaba da actitude dos seus xogadores e a profesionalidade coa que están afrontando unha situación tan complicada como a dos impagos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos