Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta baixa a Hugo Sotelo ao filial por negarse a renovar

O Celta baixa a Hugo Sotelo ao filial por negarse a renovar

O futbolista, titular no primeiro amigable da pretemporada do primeiro equipo contra o Benfica, xa se exercitou esta mañá ás ordes de Fredi Álvarez

Foto @RCCelta Foto @RCCelta
G24.gal 15/07/2024 17:06 Última actualización 15/07/2024 17:18

A dirección deportiva do Celta decidiu que o centrocampista Hugo Sotelo, que acaba contrato co club en xuño de 2025, se incorpore aos adestramentos do filial pola súa negativa para ampliar a súa vinculación.

O futbolista, titular no primeiro amigable da pretemporada do primeiro equipo contra o Benfica, xa se exercitou esta mañá ás ordes de Fredi Álvarez, quen continuará dirixindo a Celta Fortuna en Primeira Federación.

As diferenzas económicas entre os axentes de Hugo Sotelo e os dirixentes celestes paralizaron as negociacións para a súa ampliación de contrato. Por iso, do mesmo xeito que xa fixera no pasado con Gabri Veiga e Miguel Rodríguez, o Celta decidiu que o futbolista deixe de adestrarse co primeiro equipo.

Sotelo, que o próximo decembro cumprirá 21 anos, debutou co primeiro equipo do Celta en maio de 2021 fronte ao Barcelona. Desde entón, xogou 20 partidos co Celta en Primeira División, 17 deles a pasada tempada. Co filial xogou o seu último partido o 9 de setembro de 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos