Publicador de contidos
Publicador de contidos

Brais Méndez festexa os seus 150 partidos cun dobrete e tres puntos

Brais Méndez festexa os seus 150 partidos cun dobrete e tres puntos

O Celta logra a terceira vitoria consecutiva en Balaídos e achégase un pouco máis aos postos europeos (agora mesmo a 6 puntos da Real Sociedade)

G24.gal 05/02/2022 13:02

A tarde arrancou en Balaidos coa constatación de que nas preferencias de Coudet, a día de hoxe, Carlos Domínguez está por diante Murillo. Carlos foi o elixido pra suplir a Araújo. El foi a novidade do once.

Na primeira parte, Celta e Raio deixaron un partido de ida e volta, cheo de erros. Nun deles, do porteiro Dimitrievski, marcou o Celta. Gol de Brais Méndez. Minuto 12. O porteiro saltou con Mina e deixouna morta.

Foi o primeiro achegamento galego con perigo neste tempo e foi o único. Do Raio rexistramos este, tras serie de despropósitos e erros locais que acabaron con tiro de Álvaro García. Minuto 22. Respirou Balaídos e protestou logo pedindo a segunda amarela, a expulsión de Trejo por esa patada a Cervi. O árbitro non lla sacou.

O segundo tempo baixou o ritmo, pero mantivo as imprecisións. O Raio so ameazaba na pelota parada. Como esta falta que acaba con tiro de Álvaro García. Mentres o Celta trataba de aproveitar a necesidade e os espazos. Á carreira o lanzamento de Santi Mina. Chegou a tocar Dimitrievski.

Mais mediado este tempo chegaron os cambios visitantes e con eles mellorou o Raio, que comezou a apertar. Pero o que golpeou foi o Celta. Nun córner, Brais tirou de recurso e sacou o calcaño. 2-0. Golazo de Brais, no seu partido 150 co Celta.

E así acabou a xornada en Balaídos, cos últimos intentos do Raio e co triunfo do Celta. Unha vitoria importante que abre a porta e amosa o camiño pra loitar por cousas fermosas esta campaña.

Minuto a minuto

18:09

Coudet busca meter na maleta a terceira vitoria consecutiva en Balaídos, afastar as pantasmas dun baixo rendemento na casa e mandar o sinal de que nesta liga -chegou a hora de poñerse en pé- e ir por metas altas.

Na aliñación, a única novidade respecto do partido contra o Sevilla é o canteirán Carlos Domínguez en detrimento de Néstor Araujo

 

1'

Comezou o partido cun bo centro de Álvaro García e o remate desviado de Sylla a prol do Raio

12'

GOOOOOL DO CELTA, GOL DE BRAIS MÉNDEZ

 

Logo duns minutos iniciais de dominio tímido dos de Iraola, Cervi colleu o balón no costado esquerdo, puxo un bo centro para o intento de remate de Mina. O mal despexe de Dimitrievski permitiu ao de Mós anotar o seu terceiro tanto da tempada o día no que cumpre 150 partidos oficiais coa camisola celeste.

19'

Aproveitando os espazos o Celta para correr, facendo dano agora ao Raio Vallecano co dinamismo e fluidez nas súas xogadas

22'

A que acaba de liar o Celta en defensa, menos mal que perdoou Álvaro García!

 

Entre Dituro e Denis perderon un balón moi comprometido na zona de perigo absoluto. Por sorte para os de Coudet o futbolista do Raio non foi quen de atinar coa portería

36'

Que dano está facendo Álvaro García ao Celta unha e outra vez. Parou agora Dituro logo de que lle favorecera un rexeite entre Kevin Rodriguez e Mallo

40'

Deixando detalles fermosos Franco Cervi, provocou unha falta lateral que remata en nada. Pero Trejo tiña un cartón amarelo e pedían o segundo os futbolistas do Celta

43'

Protesta penalti Nteka logo dunha disputa con Denis dentro da área, achicando auga o Celta nestes últimos intres do primeiro tempo

DESCANSO

Tempo de lecer en Balaídos co marcador a favor do Celta!

 

Vale o gol de Brais Méndez que adiantou aos de Coudet no minuto 11 logo dun mal rexeite de Dimitrievski. Malia iso, tivo as súas opcións o Raio de Iraola, sobre todo grazas a erros propios dos celestes

46'

Comezou a segunda metade!

62'

A QUE ACABA DE TER SANTI MINA

 

Rexeitou Dimitrievski a córner. No saque dende o curruncho rematou Carlos Domínguez fóra.

64'

Arriba Mina! Disparou alto o dianteiro celeste

67'

Tapona Joseph Aidoo!

 

Evitou o ghanés o remate de Falcao logo dun gran control do colombiano. Aperta agora algo máis o Raio logo dos tres cambios de Iraola

75'

Non chegou ninguén a rematar! Salvouse o Celta!


Que gran xogada de Comesaña, combinación con Isi e pase da morte dentro da área pequena. Por sorte para os de Coudet ninguén do Raio chegou a rematar

77'

Dúas consecutivas dun Raio que acariña o empate, Aidoo de novo providencial para que Falcao rematara forzado

81'

GOOOOOOL DE BRAIS MÉNDEZ CO CALCAÑO, QUE GOLAZO!

 

O córner do Celta e o futbolista de Mós que se inventa un toque marabilloso co calcaño para poñer o 2-0 no marcador. Non hai forma mellor de festexar os seus 150 partidos oficiais coa camisola celeste!

 

E ademais, cando máis estaba a sufrir o conxunto de Coudet.

83'

Non se rende o Raio!

 

Acaba de sacala Hugo Mallo na liña, evitou o capitán o empate

88'

Fran Beltrán, Aspas e Cervi por Galhardo, Nolito e Solari. No 82' entrara Tapia por Santi Mina.

FINAL

O Celta tomba ao Raio Vallecano e consegue a terceira vitoria consecutiva en Balaídos. Agora mesmo son décimos a 6 puntos dos postos europeos. O Raio, canso pola participación copeira, tivo aínda así opcións dabondo para marcar e poñer en perigo o triunfo. Pero os de Coudet resistiron e acabaron sentenciando

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar