O Gran Peña falla un penalti morre a beiras da gloria (0-0)
O Gran Peña falla un penalti morre a beiras da gloria (0-0)
O segundo filial celeste precisaba un gol para forzar a prórroga
O partido comezaba cun ritmo de xogo baixo, non querían cometer riscos que puidesen custar a eliminatoria. A primeira ocasión correu pola conta do Celta C, tras unha boa combinación entre Tarensi e Álex Millán o balón chegaba tras un bo centro a Óscar Gil que mandaba o balón moi por enriba do traveseiro. Despois diso o Salamanca fíxose co control do partido buscando o centro e remate, sendo moi directos.
O Salamanca chegaba con moito perigo obrigando a Álex Vila a esforzarse, e algúns balóns pasando moi cerca dos paus, algúns tras erros clamorosos en saída de balón. O filial celeste non era quen de crear perigo ata que Óscar Gil atopouse cun regalo da defensa do Salamanca que acabou en penalti. Penalti que tirou o propio Óscar Gil pero que foi ben parado polo porteiro vasco do Salamanca Jon Villanueva, que tamén taparía o posterior rexeite.
Na segunda metade o Celta C Gran Peña quería ser dono do balón e controlar o partido, pero o perigo non era moito, o Salamanca impoñía un novo guión de partido, defensa en poucos metros e saír con transicións rápidas. Nunha desas saídas case chega o golpe definitivo a eliminatoria, pero a definición do atacante do Salamanca non foi a mellor, e noutra transición rápida chegou a ocasión máis clara de todo o partido, un dobre pau por parte do Salamanca, salvábase o Gran Peña polo momento. O Celta C tentaba achegarse ao gol, pero non creaba ocasións perigosas, e así acabou o partido, co Celta C Gran Peña morrendo a beiras da gloria.