O Celta Fortuna busca o pase á final polo ascenso en Málaga
O Celta Fortuna busca o pase á final polo ascenso en Málaga
O filial do Celta precisa gañar na Rosaleda (19:30 h, TVG) para seguir adiante
Foi a última xogada do partido de ida, en Balaídos, unha acción de tiraliñas, un exemplo de precisión, da calidade deste Celta Fortuna. Foi a xogada do gol do empate e que alimenta agora as esperanzas. Málaga- Celta Fortuna. Coas claves definidas.
E coa necesidade de gañar pro Celta, porque en caso de empate, despois da prórroga, pasa o Málaga. Claro que se falamos de necesidade aí hai que mirar pro Málaga. Un histórico con esixencia de ascenso. Con 30.000 seareiros apertando. E que só perdeu dous partidos na casa en toda a temporada. Un equipo que anda coa mirada posta no estado do seu goleador, Roberto. Ten problemas físicos. E que vive na lembranza, aquela que lle trae de volta pensar que hai apenas dez anos -con Joaquin, Baptista, Saviola, con Pellegrini no banco- estaban na Champions League.