Publicador de contidos
Publicador de contidos

Villares: "A confianza que mantiveron no míster foi clave para lograr o obxectivo"

Villares: "A confianza que mantiveron no míster foi clave para lograr o obxectivo"

Villares foi o único xogador que estivo os catro anos no Deportivo na travesía polo fútbol semiprofesional

G24.gal 29/06/2024 16:14

Con restos de ese look polo ascenso acadado esta temporada atópase Diego Villares no campus de fútbol do Rácing Vilalbés, equipo ao que pertenceu antes de chegar ao Deportivo. Equipo no que se mantivo os 4 anos no que un histórico do fútbol español alternou esa Segunda División B e a nova Primeira RFEF, sendo o único xogador que acada este ascenso e que viviu o inferno do Dépor en categorías semiprofesionais. 

Villares atópase tranquilo tras quitarse ese peso de enriba, e moi agradecido coa afección que tanto empurrou ao equipo. Pese a todo, Villares destaca por enriba de todo a estabilidade que se viviu neste último ano, no que se confiou no míster pese a estar en postos de descenso, e que puido significar o impulso definitivo despois das decepcións de Albacete e Castelló, segundo comentou o propio Diego Villares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar