A grave lesión de Joel López pode apartalo un ano dos campos de fútbol
A grave lesión de Joel López pode apartalo un ano dos campos de fútbol
O Celta confirmou que o seu xogador rompeu os dous ligamentos e o menisco do xeonllo esquerdo
O Celta confirmou o peor dos prognósticos para o lateral do seu equipo filial Joel López Salgueiro. O xogador sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior, do ligamento lateral interno e do menisco interno do xeonllo esquerdo. A temida tríade. A lesión podería afastalo dos terreos de xogo durante un ano.
O catalán (22 anos) foi unha das fichaxes desta temporada e deu un gran rendemento sendo titular en 24 dos 32 partidos nos que participou e axudando a que o seu equipo chegase á primeira eliminatoria da fase de ascenso.
Joel formouse no Barcelona antes de asinar co equipo sub-18 do Arsenal de Inglaterra. A temporada pasada regresou a España para xogar coa Cultural Leonesa e nesta o Celta fixouse nel para reforzar o posto de lateral zurdo.