O Celta pecha o seu equipo coa fichaxe de Marcos Alonso
O Celta pecha o seu equipo coa fichaxe de Marcos Alonso
As saídas de Unai e de Kevin Vázquez facilitaron a chegada do defensa
Chega libre e asina un contrato por dúas temporadas
Coa chegada do internacional, ex do Chelsea e do Barcelona, o Celta dá por pechado o seu equipo, a expensas das saídas. O defensor zurdo aterrou onte en Vigo para asinar o seu contrato e xa estivo na sede de Príncipe á espera de poder poñerse ás ordes do adestrador de Claudio Giráldez nas próximas horas.
O futbolista chega libre e conta co visto e prace do técnico de Porriño que será o que decidirá como é o seu estado de forma. Tras saír do Barcelona, exercitouse durante todo o verán cun adestrador persoal para non perder o seu bo estado de forma. Firma por dúas tempadas.
No capítulo de saídas, finalmente Kevin Vázquez deixará o Celta destino a Asturias para enrolarse no proxecto do Spórting de Xixón da man de Rubén Albés. Unai Núñez regresa ao Athletic de Bilbao en calidade de cedido.
O Celta aproveitou o anuncio da fichaxe de Marcos Alonso para desvelar a cor do terceiro equipamento, que será laranxa.