O Celta, preparado para o asalto final á salvación
O Celta, preparado para o asalto final á salvación
Centos de afeccionados do Celta asistiron este mediodía á cidade deportiva de Afouteza para apoiar ao equipo na véspera do transcendental partido de mañá en Balaídos fronte ao Futbol Club Barcelona.
Ringleiras interminables para ver en directo esa sesión de adestramento, na que os seareiros amosaron que están co equipo e pedíronlles aos xogadores a intensidade necesaria para superar ao culés. Carvalhal, que agradeceu a presenza dos celtistas, poderá contar con Iago Aspas e con Fran Beltrán, pero non co mancado Josef Aidoo. Carvalhal dixo na conferencia de prensa que quere devolverlles o agarimo cunha permanencia. "Temos que pagar este apoio, e dar o máximo para que o equipo quede na Liga".
O técnico cre que "é a última bala, e iso ten que ser algo positivo, porque está na nosa man". E remata dicindo que é unha final, e xogamos a vida".
E ollo á última intervención de Carlos Carvalhal, na que definiu como a última rolda de prensa. O técnico despediuse da prensa cun "foi un pracer traballar convosco", que soou a despedida do club. Veremos o que acontece tras o partido e durante o verán co técnico, que ten contrato en vigor.
A Balaídos chega o Barcelona, xa campión desde hai varias xornadas. Pero Xavi non cre que o seu equipo estea relaxado. Indicou na previa que xoga obxectivos como o Pichichi polo que loita Lewandowski.