Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta Zorka Recalvi vence en Navia a Avenida, un dos grandes da Liga

O Celta Zorka Recalvi vence en Navia a Avenida, un dos grandes da Liga

As de Cristina Cantero impuxéronse grazas a unha gran primeira parte e á reacción final (80-77)

Foto: @FredoCorleone_
G24.gal 23/12/2023 11:33

Chegaba a Vigo o terceiro clasificado da Liga feminina para enfrontarse a un Celta en postos de descenso. Pero as de Cristina Cantero plantaron cara en todo momento a un gran rival. Sempre estiveron por diante no marcador ata ao descanso, cando ganaban 44 a 31.

Ao inicio da segunda metade, o Celta baixou un chisco o rendemento e as salmantinas aproveitárono para acadar un parcial de 17 a 26 no último cuarto, que levou a un final moi apretado. Pero as viguesas conseguiron gañar por tres puntos, 80-77.

Gran actuación de Musa con 24 puntos e 13 de valoración. Con este triunfo, as viguesas suman 4 vitorias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos