O Centro Galego para o Control das enfermidades lembra a importancia de protexerse contra as carrachas
O Centro Galego para o Control das enfermidades lembra a importancia de protexerse contra as carrachas
O Centro Galego para o Control das enfermidades lembra a importancia de protexerse contra as carrachas
Estes ácaros, que se alimentan do sangue dos animais, poden transmitir ata 20 doenzas diferentes
O ano pasado recolléronse nos centros de saúde de Galicia máis de 400 exemplares de carrachas
Entre as doenzas que poden transmitir as carrachas, a máis común é a enfermidade de Lyme, que provoca problemas cardíacos, neurolóxicos e reumatolóxicos. Galicia é a segunda comunidade con maior incidencia. Por iso é recomendable tomar medidas de protección.
“Usar mangas e perneiras longas, calzado pechado, evitar deitarse ou sentar no chan, andar polo centro dos camiños e non polos bordos”, explica Marta Piñeiro, subdirectora xeral do Centro Galego para o Control e prevención das enfermidades
Outra doenza que poden transmitir as carrachas é a febre hemorráxica Crimea Congo. A especie transmisora foi detectada xa en 21 concellos, pero polo momento non houbo ningún caso positivo.
“No caso de carrachas atopadas en persoas, o ano pasado atopáronse quince, cando o ano anterior só foran tres, é dicir, empézase a atopar máis evidencia desta carracha. Todas deron negativo, ningunha estaba infectada polo virus, pero é certo que hai que tomar precaucións e aumentar a vixilancia”, asegura a subdirectora xeral do Centro Galego para o Control e prevención das enfermidades
O ano pasado recolléronse nos centros de saúde en Galicia máis de 400 exemplares de carrachas. Ademais de protexerse, é importante revisar ben o corpo despois de estar exposto a un posible contacto.