Publicador de contidos
Publicador de contidos

A obriga de presentar o certificado da covid segue vixente ata o 12 de febreiro

A obriga de presentar o certificado da covid segue vixente ata o 12 de febreiro

Hai que amosalo en hostalería, ximnasios, residencias e hospitais

Tamén é necesario levar o pasaporte de vacinación en grandes eventos

G24.gal 29/01/2022 08:29

Bares, restaurantes, pubs e discotecas recuperan esta fin de semana as ocupacións e horarios que tiñan antes de que estoupase a sexta vaga do virus e se endurecesen as restricións. Volve, por exemplo, o consumo en barra

Xa podemos quedar con non conviventes a calquera hora. Estar de pé nun concerto, tomar unha copa ou bailar nunha discoteca ata as cinco da mañá en fin de semana ou alongar a sobremesa da cea nun restaurante ata a unha media. 

Iso si, seguirá sendo obrigatorio ata o 12 de febreiro presentar e que nos esixan o pasaporte da covid na hostalería, albergues, ximnasios ou para visitar enfermos no hospital ou usuarios de residencias.

Tamén debe amosarse en calquera evento con máis de 200 persoas en interior e 500 en exterior, ou naqueles en que se consuman alimentos ou bebidas.

Volve a clientela ás barras dos bares e ese pequeno pracer de ler o xornal un sábado pola mañá mentres se toma algo.

O consumo na barra é das medidas máis agardadas. Desde esta fin de semana bares e restaurantes poden abrir ata a unha e media da madrugada as fins de semana e ata a unha entre semana. 

"A barra é fundamental nos bares, á xente gústalle. É un momento malo que só nos castigan á hostalería. E na hostalería algúns aínda imos vivindo pero outros están morrendo e necesitabamos un pouco de apoio", asegura José Manuel Martín, dono da cafetería Niza en Ourense. 

Nas terrazas a ocupación amplíase ata 15 persoas as que poderán estar xuntas por mesa e mantense en 8 no interior.

"Paréceme ben que volvan as barras e que volvamos un pouco á liberdade, son dous anos moi duros e necesitamos un pouco de aire, que está sendo difícil para todos", di unha clienta dun bar en Ourense. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade