O CHUS implanta un plan piloto para xestionar as baixas laborais desde o propio hospital
O CHUS implanta un plan piloto para xestionar as baixas laborais desde o propio hospital
Trátase dun plan piloto para evitar aos doentes trámites innecesarios
En principio só se implantará en uroloxía e traumatoloxía, posteriormente ampliarase a outras especialidades
Facilitar aos doentes a tramitación das baixas laborais, ese é o obxectivo do novo plan piloto posto en marcha polo Sergas.
O conselleiro de Sanidade asegura que os pacientes que ingresen durante a fin de semana por un proceso hospitalario e necesiten un parte de baixa non terán que ir ao luns ao seu centro de saúde a solicitarllo ao médico de familia; ese parte de baixa daranllo no propio hospital.
O plan comezará a implantarse no hospital Clínico de Santiago de Compostela nos servizos de uroloxía e de traumatoloxía.
Jorge Aboal Viñas, director xeral de Asistencia Sanitaria, apunta que é o traumatólogo quen atende ao doente e quen sabe o tipo de fractura que ten e o tempo de baixa que esa fractura tardará en consolidar.
O que axudará tamén a aliviar a carga de traballo en Atención Primaria.
Jorge Aboal di que de forma indirecta desconxestionarase a atención primaria xa que moitos doentes non terán que ir buscar os partes de baixa ao seu centro de saúde.
Cando finalice o programa piloto avaliaranse os resultados e valorarase estendelo ao resto de especialidades e de áreas sanitarias.