O cineasta Simone Saibene prepara un documental para homenaxear o dono do cine de Leiro que o mantén aberto dende hai 40 anos

O documental, que coincide co 40 aniversario da apertura da sala de cine de Leiro, repasará as vivencias dunha persoa que dedicou toda a súa vida a promover o cine desde o rural, así como a propia evolución neste tempo de Leiro
Ernesto Romero é o propietario dunha das poucas salas de cine que quedan no rural. É o cine de Leiro, que este ano fai 40 anos de vida.
Ernesto Romero, o dono do cine de Leiro, comezou como axudante no antigo cine de Leiro. Foi á mili e regresou coa idea de abrir a súa propia sala. Púxoa en marcha en 1983.
Agora fai 40 anos e vaino celebrar proxectando de balde a película Cinema Paradiso. Ao longo destes anos pasou momentos malos con pouco público pero fixo todo o posible para manter esta sala aberta das poucas que quedan en España en concellos con tan poucos veciños.
Apaixonado de todo o que rodea o cinema, posúe unha boa colección de gramófonos e obxectos que crean maxia na pantalla.
Ernesto será o protagonista do próximo documental de Simone Saibene como xesto de homenaxe o home que leva 40 anos ofrecéndolle a sétima arte aos seus veciños. Todo un exemplo de resistencia.