Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha vintena de carrozas recrean os traballo da vide en Leiro

Unha vintena de carrozas recrean os traballo da vide en Leiro

Celebran a edición número 33 da Festa da Vendima

Unha homenaxe os labores tradicionais da comarca do Ribeiro

G24.gal 25/08/2024 15:12

É unha das festas máis agardadas na provincia de Ourense para ver ata onde chega, cada ano, a orixinalidade dos participantes.

"Isto é o Furancho da María José, que é a miña xefa e tennos aquí a traballar. Canto a xente remata o traballo, vén aquí, toma un viño e pasa un día de festa", explica un dos participantes.

Era nos furanchos onde antigamente, cando aínda non existían as redes comerciais actuais, ían vendendo o viño novo. Ao seu amparo, interpretaban os cantos da taberna, recollidos e documentados polo musicólogo británico Alan Lomax no ano 52. "En honor a Alan Lomax é á xente que participou neses cantos de taberna", coméntannos outro dos participantes.

Dezaoito carrozas participaron no desfile que fai un percorrido polos traballos tradicionais, desde as propias viñas. "Como se ataban as cepas, co vimbio. Aquí xa están podadas e atadas", explica outro dos que concursan no desfile.

Unha homenaxe ao sector que lle dá vida e personalidade ao concello de Leiro e a toda a comarca do Ribeiro.

"Eu tiven viñas, tiven adega, e revivo todo outra vez. Moi bonito", di, emocionada, unha muller.

A festa inclúe un concurso de acios e desfile de coches clásicos que, por uns instantes, conviviron cos carros e tractores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade