Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan o cadáver dunha persoa aboiando no río Avia en Leiro

Atopan o cadáver dunha persoa aboiando no río Avia en Leiro

Trátase dun home de entre 60 e 70 anos que aínda non foi identificado

G24.gal 21/08/2024 21:41 Última actualización 21/08/2024 22:25

Este mércores apareceu aboiando no río Avia en Leiro o corpo sen vida dunha persoa.

Trátase dun home de entre 60 e 70 anos que aínda non foi identificado

Os servizos sanitarios desprazados á zona só puideron confirmar o seu falecemento.

Foi un particular quen, dez minutos despois das 20:30 horas, contactou co 112 Galicia para informar dos feitos, que ocorreron na zona do Camino do Meixeiro, en Lebosende.

Esta persoa indicou que estaba a observar o corpo dunha persoa flotando no río Avia, preto da ponte da Esperela.

Desde o 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil, dos Bombeiros do Carballiño e do GES de Ribadavia.

Ao mesmo tempo, os servizos sanitarios confirmaron que estaban a mobilizar o seu persoal no helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que, a pesar dos esforzos, finalmente só puideron confirmar o falecemento do implicado.

Pola súa banda, os Bombeiros do Carballiño encargáronse de trasladar o corpo a unha zona accesible para facilitar a intervención do resto de servizos de emerxencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade