Cargando resultados...
O cadáver aparecido en Rianxo é o do septuaxenario desaparecido en Boiro
O cadáver aparecido en Rianxo é o do septuaxenario desaparecido en Boiro
Confirmouno esta tarde a súa familia
G24.gal
09/10/2024 17:37
Última actualización 09/10/2024 20:09
Atopan o corpo dun home no mar na desembocadura do río Ulla á altura de Punta Abuín, en Rianxo.
Trátase de Félix Triñanes, un veciño de Boiro de 74 anos, desaparecido a primeiros de mes.
O home saíu pescar á praia de Mañóns e xa non volveu. A súa muller denunciou a súa desaparición o día 1 de outubro.
Un amplo dispositivo buscouno durante días sen éxito.
Agora o corpo será trasladado ao Instituto de Medicina Legal de Galicia para esclarecer as causas da súa morte.