Publicador de contidos
Publicador de contidos

O CIS dálle a volta ao resultado do 23X e sitúa o PSOE na cabeza

O CIS dálle a volta ao resultado do 23X e sitúa o PSOE na cabeza

O primeiro CIS tras as eleccións volve sitúa o PSOE cunha vantaxe de 1,8 puntos sobre o PP

Pedro Sánchez e Núñez Feijóo na súa última xuntanza no Congreso (EFE/Zipi Aragón) Pedro Sánchez e Núñez Feijóo na súa última xuntanza no Congreso (EFE/Zipi Aragón)
G24.gal 21/09/2023 13:10

O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) prognostica que se se celebrasen hoxe eleccións sería o PSOE quen gañaría os comicios, e faríao co 33,5 por cento dos votos, 1,8 puntos por diante do PP, que foi o partido vencedor das xerais celebradas o pasado 23 de xuño.

O 'sorpasso' dos socialistas sobre os populares débese, por unha banda, a que o PSOE avanzaría 1,8 puntos con respecto ás últimas eleccións xerais, á vez que o PP perdería 1,3 puntos en estimación de voto.

O instituto dirixido por José Félix Tezanos desbanca a Vox como terceira forza política a favor de Sumar, que levaría o 11,9 por cento dos sufraxios (0,4 menos que o 23X), unha caída menor que a da formación de Santiago Abascal, que pasaría do 12,3 por cento ao 11,2, é dicir, 1,1 puntos por baixo.

A enquisa coloca ao partido liderado polo expresidente catalán Carles Puigdemont en quinta posición, grazas ao 1,7 por cento, a mesma porcentaxe que atribúe a ERC. Bildu sería a sétima formación co 1,3, igual porcentaxe que o logrado nas eleccións, e o PNV perdería 0,2 puntos e quedaría no 0,9 por cento.

Para os outros partidos, o CIS concede ao BNG o 0,7 por cento (0,1 máis), Coalición Canaria situaríase no 0,3 (perdería unha décima) e UPN quedaría igual, co 0,2 por cento.

O primeiro barómetro do CIS tras os comicios de xullo publícase en vésperas do debate de investidura ao que se presenta o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, como candidato. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade