Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cisne aférrase á Asobal cunha vitoria no derbi (33-31)

O Cisne aférrase á Asobal cunha vitoria no derbi (33-31)

O equipo pontevedrés queda a catro puntos do cangués na clasificación

Foto: Fernando Lago @ASOBAL
G24.gal 15/04/2023 19:00

Na liga Asobal, o derbi galego quedou en Pontevedra logo do triunfo do Cisne ante o Cangas por 33 goles a 31.

Logo do himno galego disputouse un partido intenso e igualado, no que destacaron por parte local xogadores como Furtado, Pombo ou Álex Chan.

Logo dunha primeira parte en que os pontevedreses fuxiron no marcador, pero que igualou o Cangas cun parcial de 0-5, no descanso un arriba para os locais. No Cangas sobresaíron por riba do resto Dorado e Jenilson. Pero o Cisne rachou o partido nos últimos minutos, con vantaxes de ata seis goles. O 33-31 final deixa o Cangas con 17 puntos e o Cisne suma agora 13 a falta de cinco xornadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos