O comité do asalto ao Capitolio recomenda que se lle prohiba a Trump volver presentarse
O comité do asalto ao Capitolio recomenda que se lle prohiba a Trump volver presentarse
O informe final da comisión que investiga o 6 de xaneiro aséstalle un novo golpe ás aspiracións do expresidente de regresar á Casa Branca
O comité que investiga o asalto ao Capitolio en Washington recomenda inhabilitar a Donald Trump.
O reporte final tras 18 meses de pescudas apunta ao expresidente como máximo responsable da conspiración para reverter o resultado electoral.
As conclusións do grupo de investigación apuntan que a causa principal do asalto ao Capitolio do 6 de xaneiro de 2021 foi o daquela líder dos republicanos, que contou co apoio explícito de varios colaboradores. O informe consta de 814 páxinas cun protagonista absoluto: o nome de Donald Trump aparece en 4.207 ocasións. A media sae a máis de cinco veces por páxina.
Os autores, sete demócratas e dous republicanos, entrevistaron durante 18 meses un milleiro de persoas e revisaron un millón de documentos.
Conclúen o que para poucos pode ser unha sorpresa a estas alturas: “un só home”, Trump, capitaneou “un plan de varias partes para revogar as eleccións presidenciais de 2020″, malia as abundantes evidencias en contra da teoría falsa do roubo demócrata nas urnas.
Aqueles incidentes do Capitolio remataron con cinco falecidos e 149 feridos.