Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Compostela comeza o campionato cun empate sen goles en Miramar

O Compostela comeza o campionato cun empate sen goles en Miramar

Antas tivo a mellor ocasión da primeira metade e Manu Barreiro a da segunda

G24.gal 03/09/2023 20:27

O novo e ambicioso proxecto do Compostela comezou no campo de Miramar. De alí veu o novo adestrador santiagués Manel Menéndez, e coñecía ben o rival e o tipo de fútbol que ían atopar ante o Marino de Luanco. 

Foi un partido de poucas ocasións. O Compostela estivo sólido en defensa e buscou marcar nalgún dos achegamentos que xerou. Na primeira metade un remate de Antas nunha posición inmellorable foi a opción sobranceira. 

Na segunda Parapar e Manu Barreiro gozaron de boas ocasións pero o Pato Guillén tamén estivo providencial para salvar un remate axustado ao poste de Abraham. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade