Morre José María Caneda, histórico presidente do Compostela
Morre José María Caneda, histórico presidente do Compostela
Faleceu aos 77 anos, despois dunha longa enfermidade
Co equipo santiagués ascendeu desde a Terceira ata a Primeira División, na que se mantivo durante catro temporadas
Accede a AGalega.gal para consultar contidos vencellados coa traxectoria de Caneda
O mundo do fútbol galego dille adeus ao histórico presidente da Sociedade Deportiva Compostela José María Caneda. Faleceu neste día de San Xoán despois de loitar contra unha grave enfermidade os últimos anos da súa vida.
Caneda será lembrado polo éxito co cadro santiagués. Colleuno en Terceira División e, da man de Fernando Castro Santos como técnico, ascendeuno ata a Primeira División no 1994 e mantivo esta categoría durante catro campionatos.
De forte carácter, deixou momentos e frases que pasarán á historia do fútbol español. Nunca calaba a súa opinión e non deixaba a ninguén indiferente.
Caneda fixo historia levando o @SD_Compostela desde a Terceira División ata a Primeira
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) June 24, 2024
🌟 O momento estelar foi o ascenso contra o @RayoVallecano no 1994
Aquí deixamos a ligazón do En Xogo Histórico daquel día no que contou un feixe de anécdotas 📲 https://t.co/6a3kJdZvRz pic.twitter.com/UDIEsMJrss
A SD Compostela publicou varias mensaxes en redes sociais lamentando a perda de quen fixo "realidade o soño" da capital galega de levar o seu equipo fútbol "todo o máis alto". "Sempre estarás nos nosos corazóns".
Descanse en paz, José María Caneda
— S.D. Compostela (@SD_Compostela) June 24, 2024
Grazas por facer realidade o soño da nosa cidade, levando a túa SD Compostela ao máis alto
Sempre estarás nos nosos corazóns 🖤 pic.twitter.com/QGpGiKp9mJ