Publicador de contidos
Publicador de contidos

Suso Moure: "Caneda era especial, pero o seu labor foi grandioso"

Suso Moure: "Caneda era especial, pero o seu labor foi grandioso"

O ex-xogador compostelán deu o seu pésame polo falecemento do mandatario 

G24.gal 24/06/2024 14:03

Suso Moure (Compostela 1979-85 e 90-95) lembrou a figura de Caneda tras o seu falecemento na madrugada de hoxe. O canteirán picheleiro con 17 temporadas en total vestindo branco e azul destacou o "grandioso labor" realizado polo de Amio ao ascender ao Compostela á Primeira División. Para el, foi un feito "impensable" que unha cidade e un club da magnitude de Santiago e do Compostela puideran chegar a ser campións de inverno na Liga Española.

Ao referirse á súa figura como persoa, Moure quixo destacar o complicado que era á hora de renovar. "Era especial", declarou o ex-xogador, que tamén afirmou que iso o transmitía en todos os ámbitos, e que lle gustaba estar en todo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar