O Compostela sobe ás barbas do Tenerife pero acaba perdendo (0-1)

Ángel marcou o único tanto aos dez minutos

O equipo de Míchel Alonso gozou de ocasións ata o final e mereceu o empate

G24.gal 01/11/2023 15:04

O Compostela xogou un gran partido diante do Tenerife, de Segunda División, pero acabou perdendo por 0-1 e quedou eliminado na primeira rolda da Copa do Rei. O gol de Ángel aos dez minutos de partido decidiu un enfrontamento no que o equipo pequeno raiou a moi boa altura. 

O primeiro tempo foi de dominio tinerfeño co Compostela buscando algunha contra con Parapar como elemento máis perigoso. 

Na segunda metade Hugo Matos estivo moi preto do gol no 46 pero o seu remate sacouno Nacho debaixo dos paus. O Compostela comezou a presionar o seu rival, a dominar o partido e a gozar de boas ocasións. Non chegou o ansiado gol que levaría o partido á prórroga pero as sensacións do cadro galego foron inmellorables. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade